domingo, 5 de abril de 2009

Do anti-capitalismo e a Revolución. Un artigo de Martin Naya

O presente artigo esta tomado do Loita Popular do MpB de Galiza.
Do anti-capitalismo e a Revolución
Martin Naya (*)
Neste momento en plena crise economica do capitalismo xurden numerosas plataformas e mesmo organizacións con vocación eleitoral, portavoces de radicaes mediadas paliativas, que definense como anti capitalistas.

Moitas de las teñen sua orixen en grupos de pensamento anarquista, anti-sistema, tamen nos chamados movementos sociaes, outros co unha orixe marxista sen embargo calificanse como anti-capitalistas.

Falase de medidas anti-capitalistas, mesmo de loita contra o capital mais sempre parecen eludir definir ou definirse revolucionarios.

Podese argumentar que é porque definir de que tipò de revolución estamos a falar é un atranco para a unidade destes grupos, mais.... como poder avanzar sen definir como é a loita e contra quenes ?

A resposta; anti-capitalista. É fácil ver na mesma o discurso anti-político do neo-anarquismo que recheita falar da toma do poder e que fala como dun talisman da "auto-organización" para solucionar o modelo social futuro o calquer outro problema.

Ben, para os marxistas, para os que non esquencemos a loita de clases, a cuestion do Poder e o caracter de clase do Estado é tema central, porque o Poder define no periodo historico estamos a viver e que clases o detentan ou o disputan.

Cando falamos de Revolución definimos a mesma, seus obxetivos e blancos non basta con definirse anti-sistema o anti-capitalista como o fan os emulos de Bakunin hai que definir a que revolución nos referimos.

Vivemos na epoca histórica da Revolución Proletaria e dun xeito xeral esa é a contradicción principal na maioria dos paises ou Estados. Nos paises do terceiro mundo sometidos ao neo-colonialsimo da potencias imperialistas, con residuos semi-feudales a Revolucion de Nova Democracia presentase como unha alternmativa de catro clase dirixida polo proletariado.

Por esto é mais dificil comprender que quenes se definen como marxistas adopten o termino xenerico anti-capitalista sen definir a Revolución e seus obxetivos.

Na nosa nación, os galegos, a sociede galega é e forma parte da unidade de contrarios que é o capitalismo desenrolado e como tal a nosa contradiccion principal é a que enfronta a o proletariado contra a burguesia polo que temos que definir a nosa Revolución como Socialista superadora, en transición, do modo de producción capitalista.

O oportunismo da UPG nos define como unha colonia española, mais eso que pudo ser no seculo XVI, agora no seculo XXI é un disparate. Galiza carece de Estado pero é unha clara formación social do capitalismo imperialista.

O marxismo é moi claro en definir o Estado, como forma historica, de dictadura de clase.

No capitalismo vivemos, ao marxen da sua forma tiranica o democratica, nunha dictadura da burguesia.

A Revolución traera outra forma de poder, outro Estado, que tera o caracter de dictadura do proletariado, conxuntamente coas demais clases populares (campesinado e pequena burguesia) e a forma que adopte tera que ver coa resistencia que oponga a burguesia.

Ninguen aspira a un Estado policial e teremos que estar moi vixilantes de desviacións autoritarias, mais o povo armado tera que ter claro que é unha loita a morte.

Escamotear estas e otras cuaestions en aras dunha unidade, ao marxen do metodoloxicamente ecleptico, e actuar como filisteos ocultando as masas, as que fan a historia, a realidade e a importancia da loita.

Hoxe a liña de demarcación pasa por definirse Revolucionario, debatiendo abertamente que nos separa, mais unidos na necesidade da Revolución como instrumento de transformación da sociedade, "de parteira da historia".
Tal é a situación agora.
(*) Membro da Asambleia de A Coruña do Movemento pola Base.

No hay comentarios: