viernes, 22 de julio de 2011

Galiza: Declaración do CLP "Manolo Bello" con motivo do Dia da Patria Galega


No camiño da revolución socialista

O presente día da patria galega chega no medio dunha crise sen precedentes do capitalismo, na súa fase imperialista e unha crise sen precedentes da restauración borbónica e as súas consecuencias no Estado español. Na Galiza, a reaccionaria Xunta presidida por Feijoo só aplica medidas en contra dos intereses do pobo, dende a sanidade a normalización da nosa lingua.


As forzas de oposición dentro do sistema, tanto galegas como estatais, contemplan sen mais, programas que tratan de poñer parches a un sistema depredador e explotador.

Mentres un importante sector da forzas patrióticas permanecen cautivas da vella e errada análise "colonial" formulada pola UPG nos sesenta, a imaxe e semellanza dos procesos de liberación nacional do terceiro mundo, comezan a aparecer forzas que formulan a necesidade da reconstrución da vangarda do proletariado, da necesidade dun partido comunista para asumir a tarefa da revolución socialista, carácter que ten a revolución en Galicia.
O noso traballo é formar parte deste novo proceso, sen sectarismos mais con claridade e firmeza nos principios revolucionarios. Claridade e firmeza necesaria para enfrontar o eclecticismo e o revisionismo, retomando o carácter revolucionario da ideoloxía proletaria e aplicándoa ás condicións especificas da nosa patria.

No camiño da revolución socialista !

Pola reconstrución do partido comunista da Galiza !

25 de xullo Dia de la Patria Gallega


Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

No hay comentarios: