sábado, 27 de agosto de 2011

Petição A o Comité español do ACNUR para que interveña no caso dos camaradas do CEP-Bolivia.
Sr. Valentín Dueñas
Presidente do Comité español de ACNUR
C/ Cedaceiros 9, 3 dcha.
28014 Madrid
telefone 91-369 06 70
eacnur@eacnur.org


Por meio da presente pomo-nos en contacto con Vosté para lle informar da grave vulneración do direito de asilo, cuxos acordos internacionais foron asinados polo Estado boliviano, que se produciu o pasado dia 1º de agosto cando catro cidadáns peruanos fosen detidos na cidade de El Alto acusados de confusos vínculos co terrorismo e o narcotráfico.
A continuación reproducimos vários parágrafos da carta que a Asociación de Exilados Políticos Peruanos en Chile remitiu ao tamén Chefe da Secretaria Implementadora do Refúxio en Chile, Sr. Favio Varoli:

"Expresamos a nosa preocupación e rexeito á inxusta deteción de Refuxiados e solicitantes de refúxio, ocorrido o 1º de agosto do presente ano en Bolivia e a posterior expulsión do país ao país de orixe, asi como o risco de perda do direito ao Refúxio, o cual vulnera na sua parte esencial dito direita."
"Asi tamén rexeitamos a penalización do libre pensamento contra os cidadáns peruanos detidos. Isto tamén foi denunciado por Felipe Vacaflores, director do Capitulo Bolivariano de Direitos Humanos e por Francisco Quispe, quen susteñen que non se pode castigar as ideas distintas e pór grilletes na cabeza das persoas."

É evidente que a premura coa cual se trato o caso polas autoridades de Bolivia, incluída a recusación de tres magistrados polas mesmas, impediu unha eficaz defensa dos detidos producindo-se unha situación de indefensión dos mesmos e en particular para os cidadáns peruanos solicitantes de asilo político Branca Riveiro Alarcón, Hugo Walter Minaya Romeiro e William Antonio Minaya Romeiro todos eles cercanos ao grupo de traballo multidisciplinar, Centro de Estudos Populares- Bolivia, entregados ás autoridades peruanas na raia do país. Actualmente estes atopan-se, segundo as últimas notícias, na cadea provincial de Ayacucho, Perú. O sociólogo José A. Cantoral Benavides outro dos cidadáns peruanos detidos, atopa-se internado no centro de en Bolivia pendente de expulsión do país.
É por iso que solicitamos do Comité español de ACNUR que Vosté preside tome interese por este caso, facendo un seguimento da situación destes cidadáns peruanos ante as autoridades do Perú e Bolivia, con especial énfase en que se respeiten as suas direitas e integridade persoal.

Galiza, agosto do 2011

Os signatários

          Esta petição encontra-se alojada na internet no site Petição Publica que disponibiliza um serviço público gratuito para petições online.
Caso tenha alguma questão para o autor da Petição poderá enviar através desta página: Contactar Autor

No hay comentarios: