jueves, 10 de noviembre de 2011

Galiza: Primeira Linha, Colombia, Nepal e os comunistas da Galiza. Un artigo de M. Alonso para Correo Vermello.



Primeira Linha, Colombia, Nepal e os comunistas da Galiza
M. Alonso para correo vermello.

O pasado dia 5 de novembre a organización comunista galega Primeira Linha publicou un comunicado  "en nome dos comunistas galegos e do pobo traballador galego" no que amosaba o pesar pola morte en combate do dirixente das FARC de Colombia, Alfonso Cano. No mesmo poden-se leer cousas como estes parrafos:

"A morte de Alfonso Cano deve ser interpretada em chaves estritamente políticas. Pretende fechar qualquer possibilidade de diálogo e entendimento, de saída negociada a décadas de confrontaçom armada entre a oligarquia e as FARC-EP.
Com a morte de Alfonso Cano nas verdes montanhas selváticas do Cauca trunca-se a possibilidade ofertada polas FARC-EP -como genuína expressom de partido comunista em armas- de sentar umhas mínimas bases que facilitem um entendimento.
A oligarquia renegada e pró-ianque demonstra mais umha vez que nom é possível umha normalizaçom da vida política colombiana mentres houver umha confrontaçom entre classes sociais. A sua intençom é exterminar violentamente qualquer expressom de vontade revolucionária. A eliminaçom física do egrégio revolucionário procura reavivar a baixa moral dum exército colombiano duramente fustigado nos últimos meses polas colunas guerrilheiras que avançam firmes e decididas cara à vitória.
Primeira Linha manifesta a solidariedade internacionalista da Galiza rebelde e combativa com a exemplar luita revolucionária que com coragem e perserverança livram as FARC-EP nas montanhas, campos e cidades da Colômbia".

Ben, compre suliñar que a morte de calquer combatente ou dirixente podese sentir, mais outra cousa é asumir ou apoiar unha linha, que revelase como capituladora e liquidadora da loita armada contra a oligarquia en Colombia, sobre todo si se pensa que "nos últimos meses polas colunas guerrilheiras que avançam firmes e decididas cara à vitória"
Cada proceso revolucionario ten seu camiño, mais  hai leis xerais da ideoloxia dos comunistas, que concretan-se en linhas verdadeiramente revolucionarias e outras revisionistas e capituladoras. É importante non esquencer que é a linha a que determina si un movemento é o non revolucionario, non as armas e as FARC deixaron de ser revolucionarias fai tempo, cando ligaron seu destino aos revisionistas sovieticos, nos anos 60.

No Nepal despois de 10 anos de Guerra Popular victoriosa, a dirección revisionista do renegado Prachanda capituló diante das presións das potencias imperialistas. Esta nefasta linha política fora xa seguida polas FARC nos 80, coa Unión Patriotica e as mesas de dialogo e sigue sendo o horizonte da dirección da mesma, si temos en conta, seus propios documentos.

A loita de clases en Colombia ou no Nepal non se resolve coa capitulación, frente ao Estado da oligarquia explotadora, maquillada de "democratica", normalizaçom da vida política, que din os compañerios e compañerias de PL, que mantera a inxustiza social e seus escuadrons da morte, deixando unhas migallas de participación para oportunistas que falen en nome do pobo.

Tanto en un como outro pais tera que resurxir a linha revolucionaria que teña como obxetivo a toma do Poder, polo proletariado, polo pobo, por medio da guerra popular prolongada, pola creación dun novo poder diante o vello Estado que só ten un destino; destruilo. !

No hay comentarios: