miércoles, 18 de marzo de 2015

ALEMANIA: Violentos incidentes en Frankfurt ao atacar a policía aos manifestantes anti-BCE.

Resultado de imagen de incidentes en frankfurt


correovermello-noticias
Frankfurt, 18.03.15
Dende primeira hora da mañan estanse a producir importantes enfrentamentos entre as forzas represivas en manifestantes que amosan seu rexeitamento a inauguracion da sede central do Banco Central Europeo.
O edificio en cuia rehabilitación gastouse perto de 1200 millons de euros foi sede do "Grossmarkthalle" - o antigo mercado maiorista de Fráncfort.
Baixo o lema de "Non hai nada que celebrar" mais de dez mil manifestantes vidos de diversas partes de europa asi como representantes dos partidos de esquerda protestan pola obra faraonica e a política anti-popular do BCE.
Fontes de axencias informativas falan de feridos e de perto de 400 manifestantes detidos.

No hay comentarios: