viernes, 24 de julio de 2015

TURQUIA: A policía turca asasina a xoven en Estambul e deteñen a perto de 300 persoas en operacions represivas baixo a escusa de loitar contra o Daesh.


correovermello-noticias
Ankara, 24.07.15
Axencias informativas e medias gubernamentais dan conta dunha ampla operación policíal, coa participacion de perto de 5.000 axentes das forzas represivas, en diversas localidades de Turquia.
Nun claro intento, de mesturar aos terroristas do chamado Estado Islamico coas organizacions revolucionarias kurdas e turcas, o goberno feixista de Erdôgan fala de accions contra o ISIS, PKK e o DHPK/C cando todo-lo mundo coñece a complicidade do Estado Turco coas bandas criminais do Daesh, tanto no Norte do Kurdistan (turco) como en Rojava (zona siria)
Afirmase que hai perto de 300 detidos e unha xoven, Günay Özaslan,  foi asasinada, na sua casa, pola policía, esta madrugada en Estambul, nun tiroteo. As forzas represivas afirman que a moza tiña pertenecido ao clandestino DHPK/C e que estaba a preparar un atentado.
Tamen foron detidos membros da organizacion xuvenil YDG/H en Ankara asi coma a outros politicos de orixe kurda.
As accións ofensivas na fronteira con Rojava apuntan maís a mermar o poderio das forzas kurdas que a destruir aos asasinos do Daesh, que a pesares das axudas encobertas de Israel, Arabia Saudita e Turquia, estan a sufrir duros reveses a mans das milicias kurdas e do exercito gubernamental sirio.
Noutro orde de cousas o PKK tense responsabilizado a execución o pasado xoves de dous policias e dous civis membros do Daesh.



No hay comentarios: