lunes, 7 de septiembre de 2015

TURQUÍA E KURDISTÁN NORTE: Emboscada guerrilleira deixa quince soldados mortos en Daglica.





correovermello-noticias
Ankara, 07.09.15
Según informan axencias internacionais, que citan un comunicado do exercito turco, alomenos 15 soldados turcos morreron nunha emboscada, a un comboi militar na zona montañosa de Daglica, provincia de Hakkari, perto da fronteira co Irak.
Según o mesmo comunicado, dous vehiculos blindados de tropas (APC) ficaron destruidos polas minas colocadas polas HPG ao seu paso, no que parece ser un dos mais duros golpes da guerrilla kurda contra unidades do exercito fascista, a continuación comenzou un violento enfrentamento. O parte turco non da numero de baixas (mortos ou feridos) pero fontes das HPG falan de quince mortos e ducias de feridos. A aviación non poido intervir polas duras condicions climaticas.

A Axencia estatal de noticias turca, Anadolu, da conta de detención de cinco xovens nunha redada policial, esta madrugada, no distrito de Sultangazi, Estambul.
Estan acusados de pertenecer ao clandestino Partido Comunista Marxista-Leninista (MLKP). A policía afirma que requisaron duas pistolas e material de propaganda da citada organización comunista.

Tamen informase que bandas pro-gubernamentais atacaron, con pedras, a sede do xornal Hürriyet, nesta cidade, para amosar sua frustración polos duros golpes da guerrilla as forzas represivas.

Actualización:
Según diversas fontes na batalla en Daglica merreron un coronel turco e mais de trinta soldados tamen haberian sido dañados varios heicopteros de combate polo fogo A/A das HPG.

No hay comentarios: